Os nosos obxectivos
SIPPREGA leva na base dos seus estatutos a defensa da materia de Relixión dentro do currículo escolar e tamén a defensa do igual tratamento que o resto de materias
DEFENDER a presenza da área/materia de Relixión como parte fundamental do currículo educativo, indispensable para o desenvolvemento integral da persoa e a transmisión da cultura e os valores.
PROMOVER E ESIXIR, por cantos medios sexan pertinentes, que a área/materia de Relixión se recoñeza e se valore nos centros educativos de Galicia en pé de igualdade co resto de materias do currículo e de acordo coa Lei e o Dereito.
PROTEXER de maneira máis persoal e libre, directa e democrática os dereitos e intereses laborais, económicos, académicos, profesionais e sociais do profesorado de Relixión de Galicia, de acordo co que respecto diso se establece no apartado segundo da Disposición Adicional 3ª da LOE “A regulación do seu réxime laboral farase coa participación dos representantes do profesorado”.
PROMOVER a imaxe pública do profesorado de Relixión, para que nos centros educativos e na sociedade se recoñeza e valore o seu traballo.
DIALOGAR E COLABORAR coas diferentes Confesións Relixiosas, Administración Educativas, Asociacións de Pais e Nais, e Organizacións Sindicais en todo aquelo que resulte de interese para a mellor defensa e apoio das xustas reivindicacións da materia e o profesorado.