O pasado 23 de febreiro, SIPPREGA asistiu como invitado pola Conferencia Episcopal Española ao Congreso nacional “La educación. Presencia y compromiso”, celebrado o pasado sábado día 24 de Febreiro.
Asistiron en representación do sindicato a súa Presidenta, Mª Dolores Fernández Saborido e a secretaria Xeral de Organización e Acción Sindical, María Sineiro Fernández.
Agradecemos a invitación e o acollemento que se nos fixo, a organización do Congreso foi excepcional, respectando espazos e tempos.
Resaltamos que para nós como docentes tratouse dun congreso cun tema moi candente e é de agradecer que a Conferencia Episcopal tivese a ben facer un congreso nacional resaltando a importancia da educación e a importancia da educación católica dentro do sistema educativo.
De esquerda a dereita a secretaria Xeral de Organización e Acción Sindical de SIPPREGA, María Sineiro Fernández, Secretaria Técnica de la Comisión Episcopal de Educación e Cultura, CEE. Dna. Raquel Pérez, e a Presidenta de SIPPREGA, Mª Dolores Fernández Saborido
O congreso abranguía todos os ámbitos da educación e durante a mañá os asistentes estivemos divididos por grupos segundo os diferentes temas a tratar e pola tarde reunímonos todos os participantes para compartir as ponencias.
Os relatorio da mañá foron:
Colexios, profesorado cristián, centros de educación especial, centros de formación profesional, universidades e centros universitarios, colexios e residencias universitarias, educación non formal, voluntariado, tempo libre e outros proxectos culturais; parroquia-familia-escola, e profesores de relixión.
As representantes de SIPPREGA asistiron ó grupo de Profesores de Relixión. O congreso foi inaugurado polo presidente da Comisión Episcopal de Educación e Cultura, Mons. Alfonso Carrasco. Nas súas palabras de benvida, recoñeceu que “nos impresiona ver la riqueza y abundancia de la vida educativa de la Iglesia”.
Despois tivemos a oportunidade de falar con el en privado e ambas partes coincidimos na importancia do profesorado de relixión como un dos maiores axentes educativos dentro da Igrexa.
De esquerda a dereita a secretaria Xeral de Organización e Acción Sindical de SIPPREGA, María Sineiro Fernández, Mons. Alfonso Carrasco, Bispo de Lugo – Presidente Comisión Episcopal de Educación e Cultura, CEE., e a Presidenta de SIPPREGA, Mª Dolores Fernández Saborido
O congreso continuou coa intervención do presidente da CEE, o Cardeal Juan José Omella, levando a mensaxe do papa Francisco aos participantes neste encontro, pídesenos como docentes que a nosa mensaxe sexa unha mensaxe de amor ao noso alumnado e que sexamos sensibles ás exclusións que xera a nova cultura global e, polo tanto, debemos estar á altura dunha educación global que chegue a todos e que ninguén quede excluído.
Resultáronnos moi significativas estas palabras que o Santo Pai nos adica como Igrexa e como docentes: “Agradezco que la Iglesia en España haya querido mirar a su misión educativa en toda su amplitud. Podría decirse que es un signo de los tiempos. También doy gracias en especial a todos los educadores, agentes y protagonistas de la educación, a veces cansados y poco valorados hoy. Vuestra misión es querida por Dios y es muy importante para vuestros hermanos.”
Ademais do traballo por grupos onde se destacaron os puntos que se deberían traballar máis a fondo para que o profesorado estea ao nivel da educación global, tivemos presentacións nacionais e internacionais:
- EMILIO DOGLIANI. Asesor de Políticas – Comisión de Educación e Cultura, COMECE.
- MONS. ALFONSO CARRASCO. Bispo de Lugo – Presidente Comisión Episcopal de Educación e Cultura, CEE.
- FERNANDO VIDAL. Profesor – Facultade de Ciencias Humanas e Sociais, Universidade Pontificia Comillas.
Podedes ler o resumo das súas intervencións na páxina web da Conferencia Episcopal.
Neste Congreso tamén estivemos co Arcebispo de Santiago de Compostela Mons. Francisco J. Prieto, ao que lle agradecemos o seu interese pola educación e o seu profesorado, sabedoras de que nos ten aos docentes como importantes axentes pastorais e é coñecedor da nosa situación.
De esquerda a dereita a secretaria Xeral de Organización e Acción Sindical de SIPPREGA, María Sineiro Fernández, Mons. Francisco J. Prieto e Presidenta de SIPPREGA, Mª Dolores Fernández Saborido.
Tamén mantivemos contacto con relatores internacionais aos que lles explicamos que é o Sindicato Independente e Profesional de Profesores de Relixión de Galicia, SIPPREGA, ante o cal mostraron un gran interese pola organización, chegando a valorar, pola súa parte, moi positivamente o feito de que nos representemos sen intermediarios nin ideoloxías políticas e quedamos emprazados para vindeiras reunións.